Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Campaña solidaria “Axúdame a chegar”.

Argadini pon en marcha a campaña “Axúdame a chegar”

  • O obxectivo desta campaña é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos seus diferentes proxectos e dentro dela Argadini creou un reto na plataforma “O meu gran de area” para conseguir a súa finalidade principal.
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 21/03/17 (12:00)

Asociación Argadini, entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a inclusión social e cultural de persoas con discapacidade e Trastornos do Espectro Autista, puxo en marcha a campaña solidaria “Axúdame a chegar” co obxectivo principal de conseguir fondos para poder continuar desenvolvendo o seu labor.

A Asociación, que en 2017 celebra o seu décimo aniversario, dedica todos os seus esforzos a axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e trastornos do espectro autista a través da formación artística e cultural. O programa de Argadini, “Educación Emocional a través da creatividade”, desenvolveu durante os últimos anos diferentes proxectos literarios, artísticos e culturais. Algúns deles consolidáronse no tempo como o Certame Literario Rosetta ou o programa Falando coa arte co que colaboran institucións como o Museo Sorolla ou o Museo Nacional das Artes Decorativas.

No marco da campaña, Argadini creou un reto na plataforma de crowdfunding solidario O meu gran de area no que se espera chegar aos 3.000 euros. Con esta iniciativa, desenvolvida principalmente en redes sociais, a asociación busca conseguir os fondos que actualmente necesita para seguir traballando pola inclusión social, cultural e laboral das persoas con discapacidade intelectual. Na campaña participaron os propios alumnos dos obradoiros a través dun vídeo no que piden colaboración co lema “Eles non me levan, axúdanme a chegar”.

O reto estará dispoñible na Web Oficial do meu gran de area, durante as próximas semanas.

Máis información na Web Oficial da Asociación Argadini e as súas redes sociais de Facebook  / Instagram / Twitter.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal