A Fundación Vodafone España estivo un ano máis no Mobile World Congress
Barcelona,08/03/17 (09:15)
Este ano 2017 presentáronse as solucións dentro da iniciativa “Conectados pola Accesibilidade” e ademais mostraron os proxectos galardoados na última edición dos Premios Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións
Dentro da iniciativa #conecta2Xaccesibilidad presentouse o seguinte:
Os xogos accesibles personalizables Mefacilyta Games que son ferramentas que permiten aos profesionais, que traballan con persoas con discapacidade, crear os seus propios xogos dunha forma sinxela e rápida e telos dispoñibles de forma personalizada nos seus móbiles ou tabletas Android. VÍDEO.
O “Adestramento Cerebral ONCE-Vodafone”, que inclúe unha serie de xogos accesibles a persoas con discapacidade visual grave, os primeiros do mundo en ser deseñados especificamente para as persoas cegas, e aos que tamén podemos xogar todos. Grazas a estes xogos, os usuarios poden adestrar a súa mente en áreas como a memoria, o cálculo ou as funcións executivas á vez que se divirten. Os nove xogos dispoñibles ata agora están recompilados na aplicación Unobrain e están dispoñibles de forma gratuíta para iOS e Android para aqueles que utilizan os servizos de accesibilidade como lectores de pantalla. VÍDEO.
Tamén se presentou Bocciapp, unha aplicación accesible que recrea o popular deporte da boccia, dispoñible en Android tamén de forma gratuíta. Bocciapp pode xogarse tanto pulsando a pantalla táctil do móbil como con pulsadores, permitindo o seu uso por parte de persoas con parálise cerebral e discapacidade física. VÍDEO.
A Fundación de Tecnoloxías Sociais (TECSOS), unha iniciativa da Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España, presentou o seu proxecto de Teleasistencia Móbil Accesible. Pioneira na teleasistencia móbil, TECSOS, achégaa agora a persoas con discapacidade auditiva, visual ou física, facéndoa universal e compatible con produtos de apoio como lectores de pantalla e pulsadores. VÍDEO.
Tamén estiveron presentes os proxectos galardoados na última edición dos Premios Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións:
As lentes Eyesynth que rexistran o espazo en 3 dimensións para que unha persoa cega ou con discapacidade visual severa poida coñecer o que hai na súa contorna máis próxima. VÍDEO.
Os visitantes puideron probar mouse4all un produto de apoio que permite utilizar dispositivos Android sen tocar a pantalla.
As aventuras de Tate: unha aplicación para nenos con trastornos na linguaxe e fala para mellorar as súas habilidades de comunicación. VÍDEO.
Para utilizar o transporte público dunha forma máis autónoma App&Town Compagnon é un sistema de acompañamento intelixente dirixido a persoas con necesidades especiais: persoas cegas, persoas con deterioración cognitiva ou mesmo turistas que descoñecen o idioma do sitio que están a visitar.