Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Clickability

Clickability é unha novidosa web para servir ás persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 07/03/17 (11:24)

Clickability é unha web creada por dúas australianas que teñen por obxecto servir ás persoas con discapacidade para que compartan a súa experiencia cos distintos servizos que usan, ao estilo Yelp ou TripAdvisor

As reseñas que recolle Clickability ofrecen a experiencia de persoas con algún tipo de discapacidade sobre los servizos que usan, con comentarios, recomendacións e puntuacións, para crear entre todos un directorio de servizos.

Os servizos que recolle o portal son moitos, dende opcións de lecer a limpeza do fogar, asesoramento e busca de emprego, sexualidade ou opcións vacacionais, entre outros.

Clickability é obra de dúas traballadoras sociais, Jenna e Aviva, que no seu traballo diario, entre outras tarefas, tiñan que buscar servizos adecuados para as persoas ás que axudaban. Este directorio nacéu como forma de recoller os mellores servizos, pero tamén de crear unha comunidade de apoio entre persoas con discapacidade.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal