Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo dialogando.

Movistar lanza en España dialogando.com, unha web para axudar a usar a tecnoloxía de forma responsable

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 07/02/17 (09:23)
  • Movistar lanzou este luns 6 de febreiro en España dialogando.com, unha páxina web coa que pretende ofrecer "claves" para sacar o "máximo proveito" ás novas tecnoloxías facendo un uso delas seguro e responsable en todos os ámbitos da vida: familiar, laboral ou escolar e afectivo.

Segundo informou a compañía, a web trata temas relativos á Sustentabilidade (Ecoeficiencia, Economía creativa ou Responsabilidade social); Innovación (Internet das cousas, Novas tecnoloxías e Tendencias dixitais); Entretemento (Películas, series, videoxogos, libros e música); Identidade Dixital (Menores na Rede, familias conectadas, educación e competencia dixital); Comportamento (ciberbullying, relacións online, saúde, sexualidade e cidadanía dixital); e Seguridade (contidos inapropiados, cibercrímes, dereitos de autor, protección na internet e privacidade).

Neste sentido, sinalou que dialogando.com é un portal global de contidos, no que os seus usuarios acharán "opinións, argumentos e consellos acerca de numerosas temáticas de actualidade como o móbil ao volante, a privacidade na internet, o lecer dixital, a relación dos menores coa tecnoloxía, ou as novas ferramentas dixitais".

Deste xeito, a compañía indicou que un comité de expertos discutirá e analizará mediante artigos de opinión, reflexións, resultados de informes e outros textos e contidos audiovisuais, as cuestións como o ciberacoso, a ciberseguridade, a hiperconexión ou o lixo electrónico, entre outras.

Respecto dos colaboradores, avanzou que contará con Diana González, especialista en educación e TIC da Escola de Tecnoloxía do Planetario de Pamplona; María Zabala, xornalista e especialista en familia, menores e tecnoloxía; Ofelia Tejerina, avogada TIC e doutora en Dereito Constitucional; e Urko Fernández, director de proxectos de PantallasAmigas.

"Con esta iniciativa, Movistar quere promover o bo uso da tecnoloxía en todos os usuarios, desde os máis pequenos, ata as persoas maiores, e conseguir que Dialogando sexa a web de referencia sobre contidos de uso responsable TIC", asegurou.

Doutra banda, aclarou que é un portal accesible para persoas con discapacidade audiovisual e auditiva e está xa dispoñible en portugués e español, coas adaptacións locais para algúns países de Latinoamérica.

Dialogando é un proxecto desenvolvido por Telefónica S.A. e VIVO Brasil (www.dialogando.com.br) e España é o segundo país no que se lanza, despois do país carioca, aínda que o site implantarase en Venezuela e Colombia nos próximos días e de maneira progresiva noutros once países do Grupo: Arxentina, Chile, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, México, Nicaragua, Panamá, Perú e Uruguai. 

Tema: Xeral
Fonte: CiberSur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal