Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Beprevent.

Nace Beprevent, unha solución doméstica que achega independencia aos nosos maiores

Versión para impresiónSend by email
Córdoba, 06/02/17 (09:37)
  • Beprevent, unha empresa cordobesa, lanza un sistema baseado na intelixencia ambiental que proporciona un apoio aos maiores e mantén informado os seus familiares a través dunha aplicación móbil.

 

Beprevent presenta unha innovadora solución que dá resposta ao desexo das persoas maiores, vivir con independencia nos seus propios domicilios, e proporciona tranquilidade aos seus familiares, ao informarlles en tempo real das rutinas de interese daqueles, a través dos seus smartphones.

Na nosa sociedade actual está a producirse un aumento cada vez maior de persoas con máis de 65 anos. Como apoio a esta poboación, Beprevent, facendo uso das tecnoloxías dispoñibles, expón un sistema de apoio intelixente e adaptado aos novos estilos de vida. Estes novos maiores, que gozan de mellor saúde e están cada vez máis formados, tratan de manterse independentes nos seus fogares o máximo tempo posible.

Beprevent achega independencia e tranquilidade ás persoas maiores nos seus fogares

Coa idea de apoiar a continuidade desta poboación na súa propia casa, Beprevent dota de intelixencia a calquera obxecto de uso cotián a través das súas etiquetas. Cada unha destas etiquetas, que podemos colocar en multitude de elementos diferentes, vai aprendendo as rutinas e hábitos particulares dos usuarios.

A información, unha vez procesada e analizada pola ferramenta Beprevent, é transmitida en tempo real aos seus familiares. Mantendo a privacidade do usuario, o familiar pode acceder a través dunha aplicación para o móbil (liña de vida) a esta información.

A app Beprevent ten múltiples usos e é personalizable, o que permite que cada usuario e familiar seleccione que información quere recibir e con que frecuencia.

A solución Beprevent básica consta dun dispositivo central (de alimentación á rede eléctrica), cinco etiquetas (funcionan con pilas) e a app Beprevent. A súa posta en marcha non require instalación nin tampouco mantemento.

O proxecto Beprevent sairá ao mercado para primavera deste 2017. Poderase adquirir a través da súa web (www.beprevent.es) e en puntos de venda seleccionados por un prezo que roldará os 300 euros máis IVE. A descarga da súa app é gratuíta.

Beprevent é unha empresa cordobesa fundada no ano 2016 por Rafael Serrano Iñiguez (CEO), psicólogo de formación e con ampla experiencia no sector das persoas maiores. Actualmente o equipo compóñeno o responsable financeiro, Antonio Moyano (CFO) e a súa responsable comercial, Clara Isabel Parellas (CMO). O seu lema, “Vive na túa vida”, é unha declaración de intencións cara ao apoio das persoas maiores ou con funcionalidade diversa que desexan continuar vivindo no seu proxecto vital. Foi seleccionada polo Programa Minerva de emprendemento tecnolóxico en 2016.

Tema: Xeral
Fonte: CiberSur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal