Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo do curso.

A Universidade de Salamanca e a Fundación ONCE lanzan un curso para mellorar a empregabilidade de mozos con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Salamanca, 03/02/17 (12:54)
  • Coa cofinanciación do Fondo Social Europeo
O Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca, acaba de lanzar a segunda edición do curso online ‘Competencias Transversais para a mellora da empregabilidade de mozos con discapacidade', que conta co financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.
 
O curso, que está dirixido a mozos con discapacidade que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, consta de 400 horas e é de carácter gratuíto. A data límite de inscrición é o próximo 22 de febreiro, e as clases comezarán o 1 de marzo ata o 22 de xuño.
 
O curso pretende favorecer a adquisición de competencias transversais que faciliten o acceso e mantemento dun posto de traballo, así como facilitar a orientación e formación necesaria para a procura de emprego.
 
As competencias son o conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes necesarias para realizar actividades diversas cun certo nivel de eficacia. Así, trabállanse aspectos como o liderado, a delegación, a xestión do tempo, a tensión e o traballo en equipo, entre outros.
 
Desta forma, o alumnado recibirá formación flexible nas competencias máis demandadas polos empregadores, así como asesoramento personalizado para mellorar as súas habilidades de procura de emprego, de emprendemento e de vida independente. 
 
Poder atopar máis información e solicitar a participación nos cursos cumprimentando o formulario dispoñible na seguinte páxina web:  http://inico.usal.es/competencias
Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal