A empresa donostiarra Irisbond acaba de presentar o seu novo dispositivo, denominado Irisbond Dúo, que achega melloras importantes para os usuarios.
Trátase da segunda xeración do dispositivo, baseado en tecnoloxías de comunicación aumentativa e alternativa tales como o Eye Tracking, que se lanza ao mercado en novembro de 2013 e que permitiu a máis de 500 usuarios de media ducia de países que padecen serias discapacidades –ELA, parálises ou dano cerebral, tetraplexia…- controlar un computador co movemento dos seus ollos e, así, darlles acceso a poder ler, escribir, oír música ou ver unha película, xogar, traballar, estudar… e, o que por encima de todo eles mesmos valoran como o máis importante: poder comunicarse cos seus familiares, amigos ou coidadores de forma autónoma, cómoda e sinxela.
Irisbond Dúo é o froito do esforzo conxunto do investimento en I+D+i da empresa, co decidido apoio dos seus usuarios, sempre dispostos a colaborar activamente con suxestións concretas para mellorar esta tecnoloxía.
Segundo Eduardo Jáuregui, co-fundador e conselleiro delegado de Irisbond, “estamos moi satisfeitos desta estreitísima colaboración cos nosos usuarios porque eles son os que nos permiten mellorar, día a día, a nosa tecnoloxía. Este traballo
conxunto é moi gratificante para nós porque nos permite devolver aos nosos actuais e futuros usuarios continuas melloras que inciden moi positivamente na súa calidade de vida”.
O novo dispositivo aglutina unha serie de características con máis valor engadido: é máis ergonómico; achega máxima precisión e facilidade de control mesmo en movemento (por exemplo, instalado xunto cun dispositivo móbil nunha cadeira de rodas); totalmente adaptable ás necesidades concretas do usuario grazas a un orixinal sistema baseado en imáns; perfectamente acoplable a unha tablet para poder levar o equipo a calquera sitio; mellora substancial dos materiais de fabricación para dotar ao dispositivo de maior robustez e durabilidade; e sempre mantendo dúas calidades básicas desde o seu inicio: uso moi sinxelo e intuitivo.
Rexístrate como: