A principal feira internacional de robótica de España chega esta semana a Madrid, a Global Robot Expo. O evento celebrarase no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid entre os días 2 e 4 de febreiro e contará con varios gurús do sector a nivel internacional. Na feira haberá conferencias de figuras internacionais no ámbito da robótica procedentes tanto de empresas de referencia como do sector público. Os campos que se tratarán son moi diversos, desde o aforro enerxético ata o control de tráfico mediante drons. Entre as novidades de 2017 destacan os robots humanoides, as aplicacións profesionais dos drons e a robótica asistencial cos exoesqueletos, así como a presentación dun importante proxecto de I+D sobre telepatía artificial desenvolvido por Altran, compañía patrocinadora do evento xunto con Everis e Phillips.
Un dos actos máis importantes será unha mesa redonda sobre investimento e innovación e un ciclo de charlas da Fundación ONCE sobre robótica asistencial nas que participará Yoshihiro Yasunaga, general manager de Vendas e Márketing en Cyberdyne Inc., empresa fabricante de exoesqueletos.
No caso do Business Forum, intervirán investidores do sector como Richard Lightbound, CEO en Robo Global; Karen Kharmandarian, xerente de investimentos en Pictet e Jonathan Cohen, xefe de información en Robocap.
A oferta de actividades da feira vai máis aló das conferencias, xa que inclúe certames como o primeiro festival de cinema rodado con drons realizado en España, o 'Madrid Drone Filme Festival'.
Outras competicións serán o Ferrovial Challenge, para desenvolver un prototipo de robot de transporte de materiais e un concurso de 'startups'.
Rexístrate como: