A compañía tecnolóxica almeriense MovilTecno acaba de lanzar ao mercado esta semana o primeiro móbil con localizador GPS que incorpora un medidor de osíxeno en sangue e un medidor de frecuencia cardíaca. É o primeiro dispositivo destas características que se fabrica e comercializa en España e está deseñado especialmente para a súa utilización por parte de persoas maiores e enfermos de Alzheimer e demencia senil.
O novo MovilTecno Black 728 inclúe un sensor para tomar medidas de osíxeno en sangue e as pulsacións por minuto en calquera momento, conservando un historial das últimas medicións. Segundo explica José Antonio Gómez, experto en telefonía móbil e responsable da web moviltecno.com, “as funcións do novo teléfono poden ser controladas moi facilmente de forma remota por un familiar, tanto as medicións como o historial de chamadas, a localización en tempo real ou o estado da batería, por citar algunhas delas. Unicamente hai que descargar unha aplicación gratuíta compatible con Android e iPhone desde Google Play, que controla o teléfono a distancia”.
O MovilTecno Black 728 inclúe tamén entre as súas funcións podómetro e pulsómetro, e o seu sistema de localización funciona tanto con satélites GPS como por antenas LBS. Este segundo sistema de localización está pensado para a súa utilización cando non haxa cobertura de GPS. Desta forma, as persoas que padecen problemas de memoria e desorientación espacial poden estar sempre localizados polos seus familiares.
Ademais, tanto o teclado como a pantalla son de gran tamaño, para facilitar o seu uso por parte de persoas con problemas de visión. Por último, o dispositivo tamén conta cun botón SOS laranxa no lateral no que se poden programar ata tres teléfonos de emerxencia.
O novo móbil con localizador pretende solucionar un dos maiores motivos de preocupación para os familiares de enfermos de Alzheimer e demencia senil, a desorientación que sofren estes enfermos. “Este dispositivo con teleasistencia pode supoñer unha grande axuda para aumentar a autonomía dos pacientes e minimizar a súa dependencia, ademais de facilitar o seguimento do seu estado de saúde”, conclúe José Antonio Gómez.
Rexístrate como: