CAF -Banco de Desenvolvemento de América Latina– e Compromiso Empresarial buscan as dez iniciativas sociais máis innovadoras de 2016, aquelas que axudasen a mellorar algún aspecto da sociedade.
É o quinto ano consecutivo que desde Compromiso Empresarial realizan este recoñecemento, ao que se uniu na pasada edición CAF, para estender a convocatoria a toda América Latina. Pódense consultar as ideas gañadoras das anteriores convocatorias nestas ligazóns: 2015, 2014, 2013 e 2011-2012.
Que tipo de iniciativas buscan? Aquelas que axudasen a colectivos en risco de exclusión, promovido o emprego, impulsado a cultura, a accesibilidade, o coidado ao medio ambiente, mellorado a saúde… En xeral, todas as que producisen un cambio positivo na sociedade e poñan de manifesto o compromiso e esforzo que o sector público, o sector empresarial e o terceiro sector continúan facendo polo progreso e a mellora social.
Para a elección destas iniciativas queren contar contigo. Propón o teu proxecto candidato, propio ou de terceiros, enchendo este breve cuestionario antes do 15 de febreiro de 2017.
Rexístrate como: