Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Coruña Bloggers

Ábrese a inscrición para a vindeira edición de Coruña Bloggers

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 16/01/17 (18:24)

Os encontros mensuais de Coruña Bloggers retomaranse a semana que vén tras o parón do Nadal na súa nova sede, a Fundación Barrié, que o vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas acubillará a un nutrido grupo de profesionais e entusiastas do mundo das bitácoras de Internet que xúntanse para compartir coñecementos e experiencias, contando tamén cunha finalidade solidaria, xa que prégase aos asistentes que acudan cun mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica da Coruña (confiando en superar en breve a tonelada de alimentos aportados).

A xornada abrirase coa xornalista Bárbara G. Vilariño, quen actualmente traballa como asesora de comunicación nunha axencia para a transformación dixital de empresas e colabora con medios como Pikara Magazine e ElDiario.es, e a súa charla abordará a curación de contido para conseguir un blog de éxito.

Seguiraa Miguel Florido, consultor e profesor de marketing dixital e redes sociais. Esta última charla, titulada Como convertín a miña paixón na miña profesión, destacará por realizarse a través de streaming, de xeito que os asistentes verana na pantalla xigante do salón de acto da Fundación Barrié, contando igualmente cunha quenda de preguntas.

Tras as charlas formais a sesión completarse cun #CoruñaBloggersBeers nun local de hostalaría próximo, La Taberna de Rita. Os interesados en participar neste encontro poden solicitar a súa entrada de balde a través de Eventbrite.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal