Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Centro de día de Manzaneda

Manzaneda minimiza o risco de desaparición das persoas maiores

  • O Concello adquiríu cinco dispositivos para usuarios da residencia
Versión para impresiónSend by email
Manzaneda, 10/01/17 (08:45)
Cinco dispositivos electrónicos permitirán facer un seguimento das persoas que padezan trastornos de desorientación. Foron adquiridos polo Concello de Manzaneda, que dirixe Félix Domínguez, que os entregará á residencia da terceira idade para previr casos de desaparicións. Os equipos son similares a chaveiros e están conectados a unha central de alarmas que permanece activa as 24 horas do día. No caso de que un usuario exceda un radio de 35 metros, o dispositivo enviará un sinal á central, que inmediatamente chamará por telefono para advertir de que a persoa está fóra do límite establecido.
 
Ao mesmo tempo que advirte de que o usuario superou o radio establecido, unha aplicación informática permite localizar a súa situación, que se actualiza a cada minuto. Segundo explicou o Concello, este sistema foi deseñado para usar fóra dos edificios, pois permite a súa conexión cun sistema de GPS e, no caso de que non reciba sinal, empregará a de telefonía móbil ou das redes Wifí próximas.
 
A adquisición deste dispositivo fai de Manzaneda un concello pioneiro na súa implantación.
 
"Permitirá dotar de certa liberdade de movementos ós usuarios, é máis segura ca unha barreira física. tipo valado ou cercado", afirmou o Concello. O equipo custou 900 euros e o resto dos gastos, como o de mantemento ou conexión á central, supoñen un gasto anual de 700 euros.
 
O alcalde, Félix Domínguez, tamén se referiu ao posible uso do centro de día, que permanece pechado desde fai  proximadamente 7 anos, cando finalizou a obra. Entre as opcións están a de cedelo a unha asociación ou ben para apoio da residencia da terceira idade.
Tema: Xeral
Fonte: La Región
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal