A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e a Fundación Vodafone España desenvolveron durante o ano 2016 o proxecto “Webquest: excelencia na procura intelixente de emprego”, no que participaron 902 persoas con discapacidade procedentes de 41 localidades diferentes.
Ambas as entidades puxeron en marcha esta iniciativa experimental co obxectivo de mellorar a empregabilidade e as competencias para o emprego das persoas con discapacidade usuarias dos Servizos de Integración Laboral de COCEMFE mediante a creación dunha ferramenta Webquest para a procura intelixente de emprego, utilizando as TIC e a aprendizaxe colaborativa.
“Con este proxecto tratamos de que as persoas usuarias dos nosos Servizos de Integración Laboral poidan definir o seu propio proxecto persoal, formativo e profesional; que traballen en profundidade como poden conseguilo e conten co noso apoio en todo o proceso”, afirma o presidente de COCEMFE, Anxo Queiruga.
Grazas a este proxecto, creáronse 11 Webquest, páxinas web con actividades estruturadas e guiadas, que proporcionaron ás 73 persoas usuarias que as utilizaron tarefas ben definidas, así como os recursos e as consignas que lles permiten realizalas con itinerarios personalizados dirixidos a optimizar a procura de emprego. Máis do 90% das persoas que utilizaron esta ferramenta considera que son máis autónomas á hora de buscar un emprego.
Ademais, esta iniciativa proporcionou formación no uso das TIC a 303 persoas, das cales o 66% foron mulleres con discapacidade, 280 realizaron avaliacións de competencias e habilidades para o emprego e 319 persoas foron atendidas co obxectivo de acceder a un posto de traballo. A través deste proxecto, COCEMFE contactou con 331 empresas, das cales se obtiveron 213 ofertas de emprego e 92 persoas con discapacidade foron contratadas.sas, de las cuales se obtuvieron 213 ofertas de empleo y 92 personas con discapacidad fueron contratadas.
Rexístrate como: