Ourense,
22/12/16 (10:02)
A Tecnópole ofrecerá un curso de inciación no voo de drons profesionais dirixida a todos os públicos o próximo 11 de xaneiro de 2017. A xornada consistirá nunha formación teórico-práctica de oito horas, onde os participantes poderán coñecer e manexar os mesmos equipos que foron utilizados nas tomas aéreas de series como "O Príncipe" ou "O final do camiño" -unha produción de RTVE que se emitirá en 2017 da man de pilotos de aviación.
Esta será a primeira experiencia formativa que se imparta no Parque Tecnolóxico de Galicia ao redor dun dos sectores en auxe en Galicia nos últimos anos. Isto foi posible unha vez que o heliporto do recinto foi validado para a realización de prácticas e conta con autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).
Neste caso, a empresa lalinense Aerocámaras, con ampla experiencia no sector como operadora de drons, será a encargada de impartir estaformación nas instalacións empresariais. Actualmente, as súas escolas están repartidas por varias provincias e realizou traballos en diferentes países.
Con este curso, a Tecnópole dá comezo a unha nova línea de accións formativas no manexo de drons "dando resposta á elevada demanda dun sector no que Galicia está a situarse de maneira competitiva", aseguraron.
Para iso, a empresa galega, instalada na Tecnópole. introducirá aos asistentes nos coñecementos básicos necesarios para voar drons profesionais, que van desde lexislación a nocións básicas de voo. Ademais,terán exercicios tutorizados no campo de voo. A cota de participantes está limitado a 25 persoas e o prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de xaneiro.
Tema: Xeral
Fonte:
La Región