Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentacións no congeso do Centac.

Presentacións feitas durante o 7º Congreso Nacional do Centac (Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade)

  • Os días 14 e 15 de novembro organizouse en Zaragoza o 7º CONGRESO NACIONAL DE TECNOLOXÍAS DA ACCESIBILIDADE no Palacio de Congresos
Versión para impresiónSend by email
Zaragoza, 21/11/16 (10:14)

A Fundación Vodafone España colabora con distintas organizacións que estiveron presentes no Congreso Anual mostrando o resultado de proxectos e programas sobre soluciones TIC accesibles. Este ano quíxose impulsar o concepto da “Transformación Dixital Accesible”. Se a “transformación dixital” supón a introdución de tecnoloxía en todos os procesos e servizos do sector público e privado, enténdese que é un proceso que afecta a toda a sociedade e por tanto debe ser accesible.

Os proxectos da Fundación Vodafone estiveron presentes no Congreso en diferentes relatorios, mesas redondas e zonas expositivas:

  • Mesa redonda sobre “Internet das Cousas (IoT)" moderada por Luís Martínez Auria, Delegado de Administración Pública en Aragón de Vodafone España. A relatora Sara María Rodríguez Paz, Responsable de Desenvolvemento de Negocio en Fogar Dixital de Televés falou dos proxectos en colaboración con Cruz Vermella, TECSOS e Fundación Vodafone. A destacar, a recente posta en marcha do proxecto Smart Assist. Ademais, durante os dous días houbo unha Zona Expositiva para coñecer e interactuar coas tecnoloxías. Destacamos os seguintes proxectos presentados:
    • ASPACE Zaragoza presentou  BocciAPP a aplicación para dispositivos Android que simula o deporte da Boccia. Pódese xogar a través de pantalla táctil ou de pulsadores (para persoas con mobilidade reducida) coa axuda da aplicación AmiAlcanceGamesAdapter que permite a configuración de pulsadores Bluetooth e OTG. Antes de comezar o xogo, pódense configurar un grande número de opcións como participantes, velocidade, modos de xogo, etc.
    • A Fundación TECSOS presentou Teleasistencia Móbil Accesible - TAM accesible. Esta aplicación é un desenvolvemento da Fundación Tecsos que implementa as características de accesibilidade para persoas con discapacidades auditivas, visuais, de manipulación e movemento. Foi recentemente certificada por Ilunion.

No espazo de relatorios “SPEAKER'S CORNER”, presentáronse os seguintes proxectos dunha forma máis aberta e dinámica. Todos eles destacan pola súa accesibilidade e usabilidade, e inciden directamente na mellora da calidade de vida das persoas.

 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal