Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa maior usando un móbil.

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS) e a Fundación Vodafone España formarán a 4.500 maiores no uso dos novos teléfonos intelixentes

  • Preténdese facilitar o uso ás persoas maiores dos teléfonos intelixentes, tanto no ámbito da xestión como no do lecer e tempo libre
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 03/11/16 (08:08)

FEGAUS e a Fundación Vodafone España, tras o éxito conseguido o ano pasado coa formación de máis de 1.700 maiores a través do proxecto Ágora Tecnoloxía, colaborarán de novo este ano na impartición de talleres formativos no uso dos Smartphones en Galicia.

A aparición destes dispositivos xerou unha nova contorna de comunicación que as persoas maiores han de asimilar para poder beneficiarse dos servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.

A iniciativa Ágora Tecnoloxía (www.agoraseniors.com/tecnologia) inclúe este ano a formación de máis de 4.500 persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet desde os mesmos, e ao longo da mesma mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos: como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar segundo os seus gustos e preferencias, especialmente para o contacto con familiares e amigos, todo iso co fin de mellorar a calidade de vida dos maiores.

Os obradoiros terán lugar entre os meses de outubro de 2016 e marzo de 2017. En total impartiranse dezaoito talleres e retransmitiranse en directo a través de internet para a súa maior difusión dentro do colectivo.

Este ano, Ágora conta co apoio dun conxunto de organizacións, entidades e empresas cuxo obxectivo é impulsar esta iniciativa para conseguir que chegue a toda a poboación galega susceptible de interesarlle e poder verse beneficiada. Entre as cales podemos mencionar a: AMTEGA-Xunta de Galicia, os 7 Campus Universitarios de Galicia, COGAMA, COGAVE e Canle Sénior.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal