Santiago de Compostela,
02/11/16 (08:18)
O proxecto español de realidade virtual '
The Machine To Be Another' que permite ao usuario ter unha experiencia en primeira persoa do que é ser un refuxiado foi premiado, xunto a 'Cucula' (Alemaña) e 'Project Virtuous Triangle' (Turquía), na edición 2016 do Concurso Europeo de Innovación Social, que convoca a Comisión Europea para atopar formulacións creativas que permitan que os refuxiados e os inmigrantes se integren e poidan contribuír á vida social, económica, cultural e política dos seus países de acollida.
Así o deu a coñecer este luns 31 de outubro a plataforma de emprendedores Impact Hub, que precisou que os tres gañadores do Concurso Europeo de Innovación Social 2016 foron seleccionados dun total de 1.095 candidatos de 36 países.
En concreto, sobre 'The Machine To Be Another', explicou que é unha iniciativa liderada por un equipo español e que é unha experiencia inmersiva de realidade virtual deseñada para recrear, reproducir e compartir as experiencias que permiten que o usuario teña unha experiencia en primeira persoa do que é ser un refuxiado.
Neste sentido, precisou que o proxecto ten como obxectivo compartir historias de refuxiados e migrantes en toda Europa en contornas educativas, bibliotecas, museos e outras institucións culturais, a través de encontros en 360º xerados en tecnoloxía de realidade virtual.
Ler máis
Tema: Xeral
Fonte:
LaVanguardia