Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento.

VIII Congreso AMADIS de accesibilidade a medios audiovisuais

Versión para impresiónSend by email
Toledo, 26/10/16 (13:38)

Os próximos días 27 e 28 de outubro celébrase o VIII Congreso de accesibilidade a medios audiovisuais para persoas con discapacidade, AMADIS 2016 para dar a coñecer os traballos de investigación, desenvolvemento e innovación en materia de accesibilidade audiovisual organizado pola Universidade Carlos III, o Real Padroado sobre Discapacidade a través do Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción (CESyA) e o Museo do Exército.

Este congreso é o principal encontro nacional para os profesionais dos medios audiovisuais que queren ofrecer contidos accesibles para as persoas con discapacidade e terá lugar no Museo do Exército situado no Alcázar de Toledo (Rúa da Paz, nº1). Ademais, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) fará entrega dun dos seus premios na categoría de Accesibilidade Universal-Fundación Vodafone que este ano recaeu no CESyA.

Na xornada inaugural do xoves ás 09:15 horas contará coa presenza de Aurelia Sánchez Navarro, conselleira de Benestar Social do Goberno de Castela-A Mancha, o xeneral Director do Museo do Exército, Juan Bosco Valentín-Gamazo, Mercedes Jaraba Sánchez, directora do Real Padroado sobre Discapacidade (por suplencia), María José Montes Sancho, vicerreitora adxunta de Orientación da Universidade Carlos III de Madrid, e Luís Cayo Pérez Bueno, presidente do CERMI.

O congreso dá voz a expertos do ámbito académico e empresarial, a representantes de destacadas institucións públicas como a CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia) e a asociacións de persoas con discapacidade como CERMI, Fundación ONCE,  FIAPAS, CNSE ou AICE. Produtores, realizadores, enxeñeiros, creadores, responsables políticos, emprendedores, cooperantes daranse cita para compartir os últimos avances en tecnoloxía, produción, distribución e control de calidade do subtitulado e a audiodescrición. Presentaranse ademais os avances e novos proxectos desenvolvidos polo CESyA e o Museo do Exército ofrecerá unha visita guiada para todos os asistentes.

 

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal