Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Rapaciñ@s

O CPEIG e a Amtega levan o programa “Rapaciñ@s, a tecnoloxía ben segura” a seis cidades e vilas no mes de outubro

  • O obxectivo é promover un uso seguro da Internet por parte dos máis novos e potenciar a creatividade tecnolóxica
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 20/10/16 (08:27)

"Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura” é unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O programa, que desenvolve xa a segunda edición, visitará parte de Galicia nos vindeiros días con charlas informativas a cargo das colexiadas e colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía.

Por unha banda, nais e pais, ademais de docentes, atopan información e recursos de interese; por outra, nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros tecnolóxicos para que se divirtan e aprendan.

As persoas interesadas en inscribirse nas xornadas de Ferrol, A Coruña, Vilagarcía, Lugo, Pontevedra e Vigo poden facelo no seguinte enderezo electrónico: eventos@cpeig.gal.

Lugares e datas

Ferrol Centro Sagrado Corazón 20/10/2016 17:45 a 19:45
A Coruña Centro Escolapios 24/10/2016 18.30 a 20.30
Vilagarcía CEIP Escardia 24/10/2016 18:00 a 20:00
Lugo IES Lucus Augusti de Lugo 21/10/2016 17:00 a 19:00
Pontevedra IES Xunqueira 1 25/10/2016 17:00 a 19:00

*Pendente de pechar a xornada de Vigo

Límites e oportunidades

A era dixital abre un mundo de posibilidades que require un bo uso das novas ferramentas por parte das nenas e nenos. Rapaciñ@s informa das normas e límites para un uso seguro da Internet e tamén difunde os valores e oportunidades que ofrece a esfera dixital.

Na enquisa feita aos asistentes das xornadas ”Navega con Rumbo polo Ciberespazo”, impulsadas polo CPEIG en máis de 170 centros, en relación á pregunta "Que outros aspectos do campo das novas tecnoloxías cre que serían necesarios abordar en charlas no seu centro?" resultaron destacadas dúas temáticas: as redes sociais e menores,elixida polo 75,58% dos participantes, e técnicas de control parental, elixida polo 58,72% dos participantes. Destas preocupacións naceu a iniciativa Rapaciñ@s.

Tema: Xeral
Fonte: AMTEGA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal