Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pai cunha nena con discapacidade usando unha tablet.

Unha xornada en Santiago analizará os retos e vantaxes que supoñen as TIC para as persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 10/10/16 (08:14)

Este sábado celébrase en Compostela unha xornada organizada pola Escola de Familias da Fundación MAPFRE, en colaboración con Down Compostela, que busca reflexionar sobre a necesidade de incorporar na vida cotiá das persoas con discapacidade o uso das TIC e analizar como estas contribúen a favorecer a súa autonomía e vida independente.

O director da Escola de Familias e Discapacidade da Fundación MAPFRE, Gonzalo Berzosa, aparte de impartir a primeira conferencia da xornada, tamén participará na mesa redonda sobre utilizar a tecnoloxía para fomentar a autonomía persoal e a vida independente, que estará coordinada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e na que debaterase sobre o uso axeitado das TIC como ferramentas para o desenvolvemento persoal e a vida autónoma.

O programa da xornada desenvolverase entre as 9:00 e as 13:45 horas do sábado no Hostal dos Reis Católicos, sendo de entrada libra previa 

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal