BJ Adaptaciones presentou a nova app Control e o mando Control+ na feira internacional Rehacare 2016 que se celebra en Düsseldorf. Con Control, a nova app para iOS (que xa estaba dispoñible para Android desde hai varios meses), BJ Adaptacións adiántase e adáptase ás necesidades de control da contorna que presentan as persoas con discapacidade física ou cognitiva.
Control para iPhone e iPad permite o control de dispositivos que xa dispoñan dun mando a distancia (como a televisión, o equipo de música, o aire acondicionado ou elementos multimedia) mediante conmutadores e a iluminación de forma secuenciada de cada unha das celas de interacción (varrido), unha opción moi necesaria para persoas con mobilidade reducida, por exemplo.
Coa nova app para iOS de Control+ pódese utilizar o sistema de locución que le as opcións que se mostran na pantalla do iPhone ou iPad, o que facilita a elección do dispositivo que se quere controlar. Ademais, cos receptores apropiados, tamén se poden controlar outros elementos da vivenda como portas, camas, guindastres, persianas, electrodomésticos ou alarmas.
Para poder controlar os distintos dispositivos do fogar desde o móbil ou a tableta, ademais da app gratuíta é necesario dispoñer do mando a distancia Control+, desenvolvido por BJ Adaptacións e do que xa se distribuíron máis dun centenar de unidades en todo o mundo nos últimos meses.