Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que se celebra o día 1 de outubro lembramos que, a Fundación Vodafone España leva a cabo, por todo o territorio estatal, un programa de Formación no uso das Tecnoloxías da Información da Comunicación (TIC), co fin de mellorar a calidade de vida das mesmas, facelas partícipes da Sociedade actual e potenciar un envellecemento activo.
Durante o período comprendido entre o 1 de abril ao 30 de setembro de 2016, este Programa de Formación permitiu a máis de 20.500 dos nosos maiores acceder ás vantaxes que a Sociedade da Información lles ofrece.
Desde que se puxo en marcha o devandito Programa, foron máis de 191.000 os maiores que se beneficiaron de accións formativas no uso das TIC, e que foi evolucionando á vez que evolucionaba a tecnoloxía, desde os primeiros teléfonos móbiles ata os actuais dispositivos móbiles avanzados (smartphones e tablets). Preténdese dar aos maiores un maior acceso e desenvolvemento nos servizos administrativos (administración electrónica), de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…), incrementar a súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…), facilitar a relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), unha mellor información (noticias e prensa on-line…), e dar a coñecer outras aplicacións de servizos xerais.
O Programa impártese mediante obradoiros presenciais, semipresenciais e “en liña” en colaboración con numerosas entidades, entre as que se atopan: Ceoma, Fasunex, Caumas, Confemac, Ategal, Fundación Updea, Fundación Harena, Jovesolides, Cruz Vermella Española, Ceu-Senioribus, Fundación Pere Tarres, Fundació Ciudat de Viladecans, Secot, Gabinete Literario das Palmas de Gran Canaria, Asociación Ingenio Labs, Fegaus, Amtega, Almanatura, Fundación Belén María e a Asociación de Amigos polos Museos de Educación de Canarias. Os materiais de impartición do Programa atópanse dispoñibles en www.fundacionvodafoneconlosmayores.com e en listas de distribución independentes de YouTube con tan só introducir as palabras “curso Smartphone para Maiores”.
Na actualidade, case 700 millóns de persoas no mundo son maiores de 60 anos. Para 2050, as persoas de 60 anos ou máis serán 2.000 millóns, isto é, máis do 20% da poboación mundial. En España, o 22,4 por cento das persoas de 65 anos ou máis viven soas.
Para combater esta soidade nos maiores, a Fundación TECSOS, impulsada por Cruz Vermella e Fundación Vodafone España, desenvolveu diferentes iniciativas apostando polas novas tecnoloxías para incrementar as relacións sociais entre as persoas maiores, así como un envellecemento saudable a través de contidos útiles. Un exemplo deste traballo é o proxecto Enred@te, que consiste nunha rede social dixital entre maiores, os seus familiares, os coidadores e o voluntariado.
Rexístrate como: