Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe da xornada inaugural

A Fundación Barrié inicia ca Casa de Galicia en Madrid a edición nacional do programa ‘Máis Social’

  • Os bos resultados en Galicia animaron a realizala a nivel nacional
Versión para impresiónSend by email
Madrid, 22/09/16 (10:24)

A Casa de Galicia en Madrid acolle a edición nacional do programa formativo "Máis Social" da Fundación Barrié, dirixido a confederacións nacionais do Terceiro Sector, con temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas...

Na xornada inaugural, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, deu a benvida á directora de Acción Social da Fundación, María Isabel Pérez, e valorou moi positivamente este tipo de accións. "Desde a Casa sempre apoiaremos todas as iniciativas que supoñan progreso e proxección para Galicia e neste campo, a Fundación Barrié é un referente indiscutible", dixo. "Por tanto, vai ter sempre as portas abertas desta Institución".

Esta acción formativa, que consta de cinco módulos que se complementarán con xornadas de experiencias nas que participarán as entidades das diferentes confederacións nacionais convidadas, intégrase dentro de Máis Social, un programa propio da Fundación Barrié, posto en marcha en Galicia en 2011 co obxectivo primordial de promover a sustentabilidade económica das entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva. Os bos resultados en Galicia animaron á Fundación para exportar a experiencia a nivel nacional.

Participan sete entidades nacionais do Terceiro Sector seleccionadas: Ceafa (Confederación Española de Alzheimer), Confederación Aspace (Confederación Española de organizacións de atención a persoas con parálise cerebral e afíns), Feder (Federación Española de enfermidades raras), Fedace (Federación española de dano cerebral), Confae (Confederación Asperger España), Rede Rabuña (Rede Española de entidades para o emprego) e Médicos do Mundo. Entre os participantes está o director do Instituto de Innovación Social de Esade, Ignasi Carreiras, que falará nesta xornada sobre Estratexia e liderado orientado a resultados.

Todas as sesións son impartidas por docentes expertos na súa materia e con ampla experiencia no sector. As xornadas acompañaranse de talleres nos que se expoñerán casos de éxito ou boas prácticas seleccionados entre as entidades participantes.

O orzamento estimado para o desenvolvemento completo deste programa piloto ascende aproximadamente a 700.000 euros. Todos os servizos ofertados teñen carácter gratuíto para as confederacións participantes, que só deberán cubrir os seus gastos de desprazamento, se os houbese.

Pode acceder aquí á noticia completa

Tema: Xeral
Fonte: Crónicas de la emigración
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal