Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Gafas de realidade virtual

A realidade virtual pode concienciar sobre a situación real dos refuxiados

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 22/09/16 (08:31)
A ONU presentou o ano pasado o seu documental 'Clouds over Sidra', no que narraba a historia dun refuxiado de doce anos desde un punto de vista novo: a realidade virtual. Desde entón a organización utiliza esta tecnoloxía para tratar de concienciar e como ferramenta para causar empatía entre os cidadáns. Agora, o organismo internacional ha lanzado unha aplicación que reúne estes contidos e permite coñecer de primeira man a realidade dos refuxiados.
 
A ONU considera que a realidade virtual é "unha boa ferramenta para provocar a empatía". Tanto é así que tras un programa de recadación de fondos de UNICEF, unha de cada seis persoas comprometéronse a realizar doazóns despois de ver un destes vídeos en realidade virtual, o dobre da media habitual.
 
Visto o éxito da iniciativa, a semana pasada, no Festival de Cinema de Toronto, a ONU presentou unha aplicación especificamente para vídeos en realidade virtual, á vez que instaba os canadenses a axudar aos refuxiados sirios a través de doazóns ou traballos voluntarios.
 
Polo momento, hai catro experiencias da ONU en realidade virtual, dispoñibles na aplicación tanto en Android como en IOS ou en Oculus. O contido inclúe 'Clouds over Sidra' e unha peza recentemente estreada, chamada 'Beyond the lake', sobre refuxiados na República Democrática do Congo. Espérase que haxa tres vídeos máis lanzados para final de ano e desde a ONU aseguran --segundo recolle The Verge-- que teñen intención de publicar un fluxo constante de contido,
"Estamos a narrar historias de persoas vulnerables", explica ao medio citado o director creativo da ONU, Gabo Arora. "Sería moi bo desenvolver co tempo a capacidade de axudarlles a desenvolver contido e contar as súas propias historias", explica.
Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal