Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Cámara de Comercio de Santiago

O programa 'Peregrinaxe Emprendedora' chega a Melide

Versión para impresiónSend by email
Melide, 21/09/16 (09:22)

A Cámara de Comercio de Santiago presenta hoxe en Melide o programa Peregrinaxe Emprendedora, unha acción destinada aos menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que se enmarca na convocatoria de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil da Fundación Incyde.

O programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, preséntase no obradoiro de Autoemprego: Atrévete, que se celebra na aula Cemit, no edifcio multiusos de Melide, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Segundo explican, o obxectivo último da iniciativa é mellorar a empregabilidade dos mozos parados que queiran desenvolver as súas iniciativas para acceder ao mercado laboral.

Tema: Xeral
Fonte: El Correo Gallego
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal