O concurso para crear aplicacións móbiles accesibles e universais para todas as persoas denominado
'Apps para todos', abriu a súa fase de competición online ata o 23 de setembro, a todos os desarrolladores, empresas, emprendedores, startups ou calquera persoa que queira contribuír a crear cidades máis intelixentes e máis humanas.
Poden inscribirse todas as apps que sexan accesibles para todo o mundo, á marxe da súa idade ou circunstancia e que encaixen nalgún dos catro temas do reto proposto e que se refiren a mobilidade urbana, saúde & benestar, turismo & cultura e cidade colaborativa.
Unha vez que peche a competición online, na que estarán tanto as apps que se apunten agora como as que están a participar desde que comezou o reto en xuño, un xurado de expertos online seleccionará as 10 mellores que competirán na gran final que se celebrará en outubro.
As tres gañadoras repartiranse 5.000 euros da seguinte maneira: 3.000 para a primeira, 1.500 para a segunda e 500 para a terceira. Ademais, a app gañadora terá un pase directo para a gran final internacional de
Smart City Hack que se celebrará en Barcelona durante Smart City Expo World Congress, en novembro.