Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Casa intelixente

Unha casa intelixente e accesible da Fundación ONCE percorrerá España

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 21/09/16 (08:16)
Unha casa intelixente, accesible e sustentable percorrerá España durante os próximos meses para demostrar a técnicos profesionais, e á sociedade en xeral, que a accesibilidade é positiva para todos e que, ademais, non está rifada co bo gusto. A vivenda, aloxada nun tráiler, estará en Madrid do 26 ao 30 de setembro e situarase nas inmediacións do Palacio Real (C/Bailén con C/San Quintín).
 
A vivenda, de máis de 100 metros cadrados, é unha iniciativa de Fundación ONCE posta en marcha no marco dun convenio subscrito co Real Padroado sobre Discapacidade, que pretende mostrar aos seus visitantes as posibilidades de construción e dotación de mobiliario nunha casa intelixente, accesible e sustentable, á vez que ofrecer solucións técnicas e tecnolóxicas a problemas de accesibilidade.
 
A este respecto, José Luis Martínez Donoso, director xeral de Fundación ONCE, explicou que o obxectivo da iniciativa é demostrar a técnicos e cidadáns en xeral que a eliminación de barreiras e o deseño para todos son dúas realidades posibles ás que debe tender a sociedade para contribuír á consecución da plena cidadanía de todas as persoas.
 
Partindo desta base, a estancia está pensada para que a visiten profesionais do sector da edificación, escolas de deseño industrial, empresas relacionadas coa construción, o urbanismo, a accesibilidade e a domótica, administracións públicas, asociacións de persoas con discapacidade e sociedade en xeral. Dotada de salón, cociña/comedor, dormitorio, baño e hall de entrada, a casa concibiuse baixo os criterios de confort, adaptación ás necesidades dos seus habitantes, facilidade de uso, seguridade, sustentabilidade e, por suposto, o da estética.
 
Está previsto que a vivenda, aloxada nun tráiler, inicie o seu percorrido a finais do próximo mes de setembro e que visite as distintas comunidades autónomas para demostrar á sociedade que a accesibilidade e o bo gusto son conceptos que poden ir da man.

 

Tema: Xeral
Fonte: CasaDomo
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal