Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel 7º Congreso CENTAC

CENTAC fomenta a participación e a innovación no seu 7º Congreso Nacional

  • Un ‘speaker’s corner’ servirá para que emprendedores, empresas ou asociacións expoñan proxectos TIC que fomenten a accesibilidade e a usabilidade.
  • Na zona expositiva amosarase tecnoloxía innovadora.
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 06/09/16 (08:48)

A sétima edición do Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade, que se celebrará en Zaragoza os días 14 e 15 de novembro, contará con dúas plataformas de exposición pública: unha zona expositiva e un "speaker´s corner", que poderán ser utilizadas polos participantes para mostrar as súas ideas e proxectos.

Co obxectivo de dar visibilidade á tecnoloxía accesible desenvolvida en España, e fomentar a participación no congreso, que este ano se centrará na transformación dixital accesible, o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) puxo en marcha estes dous espazos nos que os proxectos e as tecnoloxías poderán ser expostos e explicados ao público asistente.

"Speaker´s corner"

Responde á necesidade de fomentar a comunicación e a participación entre os asistentes ao congreso. O intercambio de coñecemento é un dos obxectivos desta cita que reunirá a ao redor de 40 relatores procedentes do mundo da empresa, centros tecnolóxicos, universidades, Startups ou asociacións. Por este motivo, esta área será un espazo aberto en que os participantes expoñerán e mostrarán os seus proxectos e desenvolvementos TIC. É condición imprescindible para presentarse que os proxectos destaquen polas súas características de accesibilidade e usabilidade e que melloren a calidade de vida das persoas.

Cada speaker dispoñerá de 15 minutos para contar a súa idea a través dunha presentación, unha demo, unha charla ou outros formatos, e debe presentar a súa proposta antes do 10 de outubro a través do formulario dispoñible na Web. Tras a súa valoración por parte da organización, a partir do 17 de outubro notificarase que ideas foron seleccionadas para a súa exposición.

Zona expositiva

Será unha área destinada a que os asistentes coñezan de primeira man e interactúen coa tecnoloxía social que existe no noso país para a mellora da vida das persoas.

Os proxectos presentados deberán estar baseados nun alto contido hardware, ter unha gran carga innovadora, e acharse en fase funcional de prototipo. Falamos de robótica, drons, impresión 3D, wearables, realidade virtual, etc...

Así mesmo, cabe destacar que a data límite de presentación é o 30 de setembro e a súa selección comunicarase a partir do 7 de outubro. Para participar, os interesados deben encher o formulario correspondente.

Por último, é importante destacar que os Congresos Nacionais CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade son eventos gratuítos e sen ánimo de lucro, nos que todos os recursos económicos dispoñibles destínanse a dar visibilidade e potenciar as boas prácticas en accesibilidade. O rexistro gratuíto está aberto e accédese na Web.

Máis información na Web Oficial do 7º Congreso Nacional CENTAC.

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal