Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Emprendedores con discapacidade

Crean unha comunidade de emprendedores con discapacidade con proxectos de turismo accesible

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 05/09/16 (09:27)

A comunidade de emprendedores con discapacidade Barcelona Singularentrepreneurs impulsa a creación de proxectos de turismo accesible e sustentable.

Nunha entrevista de Europa Press, o cofundador da comunidade, Cristian Lago, explicou que os proxectos buscan mellorar a experiencia e xerar solucións ás persoas con discapacidade.

O seu proxecto principal, o 'Umbrella Project' quere que Barcelona sexa un "referente internacional en turismo accesible e sustentable".

A iniciativa estrutúrase en tres liñas: actuacións enfocadas a facilitar a información, o transporte, o aloxamento, a estancia e as experiencias das persoas con diversidade funcional, investigación universitaria e formación superior en turismo accesible e sustentable.

Entre as actuacións realizadas, destacan a consultoría de turismo inclusivo para xerar contornas sen restricións para persoas con mobilidade reducida, o desenvolvemento de tecnoloxías da comunicación que contribúan á inclusión, unha revista sobre estilo de vida de persoas con discapacidade, e a organización de experiencias e viaxes personalizados.

Baixo o lema 'Mentres cambias as cousas, gaña diñeiro, con responsabilidade social e divírtete', Barcelona Singularentrepreneurs ofrécese como unha comunidade "aberta e inclusiva" que ofrece aos seus membros un espazo de traballo onde contactar con outros emprendedores para levar a cabo sinerxias, colaboracións, acompañamento nos proxectos e apoio para o desenvolvemento profesional persoal dos seus membros.

Entre as organizacións e entidades que dan apoio a Singularentrepreneurs destacan Esade, a Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), Pimec, Iese, o CCCB e a consorcio de Turisme de Barcelona.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal