Marín,
09/08/16 (09:48)
O programa de empleabilidad, dedicado a mellorar o futuro profesional das persoas, segue activo no verán. Se estás desempregado e queres reorientar a túa carreira, animámosche a inscribirche nas Lanzadeiras de Emprego que
Fundación Santa María La Real organiza en colaboración con Fundación Telefónica.
Nestes momentos hai prazas dispoñibles en 20 lanzadeiras, entre as que se atopa a da localidade pontevedresa de Marín, nas que poden inscribirse persoas desempregadas con idades comprendidas entre 18 e 59 anos. Nas seguintes ligazóns tes toda a información:
As Lanzadeiras de Emprego consisten nun adestramento en equipo (25 persoas desempregadas) para aprender a realizar unha nova procura de traballo, acorde á conxuntura actual, ao novo mercado laboral e as necesidades das empresas.
Contarás coa axuda dun técnico/a e orientador/a profesional durante os cinco meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras 24 persoas desempregadas, que vos axudaredes uns a outros a buscar traballo.
Ademais, aprenderás a actualizar o teu currículo e adestrarás procesos de selección reais, con simulacións de entrevistas de traballo. Coñecerás novas técnicas de comunicación e marca persoal, para saber presentarche mellor a un posto de traballo. Reforzarás a procura de emprego na internet, en portais de emprego e redes sociais, con talleres para manexalas correctamente. Todos xuntos faredes un rastrexo de empresas da contorna e visitarédelas para darvos a coñecer como profesionais.
Tema: Xeral
Fonte:
Fundación Telefónica