O Centro de Información á Muller (CIM) de Baiona ofrece desde a pasada semana un mellor servizo ás usuarias de nacionalidade estranxeira coa incorporación do servizo de teletradución que desde 2011 vén prestando a Xunta e que, ademais de en Baiona, co que contan outros 57 CIM, once ONG e centros de acollida de toda Galicia.
O sistema permite aos traballadores do centro acceder a un servizo telefónico de tradución simultánea en 51 idiomas que, mediante un terminal con mans libres, facilita un intérprete que medie na conversación.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentou este servizo xunto ao alcalde, Anxo Rodal, e a edil de Igualdade, Camen Paredes.
O 10% das mulleres que acoden en busca de asesoramento ou atención psicolóxica ao CIM son estranxeiras, segundo revelou onte a súa directora Elena Otero, que asegurou que no que vai de ano o centro atendeu máis medio milleiro de consultas. A poboación foránea en Baiona supón o 4,6% dos 12.627 empadroados.
Rexístrate como: