A Federación Galega de Municipios e Provincias vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) co obxectivo de mellorar a accesibilidade e crear canles de comunicación que garantan a igualdade de acceso por parte de todos os cidadáns e cidadás. A iniciativa foi rubricada polo presidente da Fegamp, Alfredo García e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, que lle trasladou as dificultades coas que a día de hoxe aínda se atopa unha gran maioría de persoas xordas á hora de acceder aos contidos dos medios audiovisuais e as canles dixitais, por non estaren adaptados ao colectivo.
A través desta iniciativa, ambas as dúas entidades compartirán accesos e información nas súas plataformas dixitais. A FAXPG dará conta dos seus servizos e actividades a través da Fegamp, garantindo a difusión do seu traballo entre as institucións públicas e privadas que atenden ao público, así como entre a cidadanía en xeral. A maiores, con este acordo, a Fegamp comprométese a que todos os seus medios de comunicación e TIC sexan accesibles ás persoas xordas.
Rexístrate como: