Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Curso online  ‘Creación de empresas dixitais’

Fundación ONCE e Citi lanzan un curso para apoiar o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade

  • Medio centenar de persoas participan na primeira edición 
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 19/07/16 (07:59)
No marco da colaboración entre Fundación ONCE, Citi e a súa fundación, hoxe comeza a I Edición dun curso online para promover o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade no que participan medio centenar de persoas.
 
Titulado "Creación de empresas dixitais", o curso consta de 80 horas lectivas nas que os alumnos coñecerán casos de éxito e fracaso de empresas startup e asistirán a módulos formativos, todos eles cun caso práctico que terán que desenvolver.
 
Os módulos previstos son os seguintes: Ecosistema emprendedor, Innovación no proceso de emprender, Plan de vendas e márketing, Plan de operacións, Estratexia empresarial e social (networking, redes sociais), Aspectos reguladores e legais, Plan financeiro e  Plan de continxencia. 
 
Este curso de formación, que imparte Anova It Consulting coa Plataforma Accesible, é o colofón ao proxecto Emprende TIC, unha iniciativa con accións formativas de carácter colectivo e individual destinada a fomentar o emprendemento das persoas con discapacidade.
 
Entre as accións formativas individuais figuran algunhas relacionadas con deseños de interiores con 3D, comercio electrónico, ou Social Media & Community Manager, mentres que no apartado das colectivas hai cursos como o que comeza este luns e un máster en ciberseguridad.
 
Todas estas accións formativas están a beneficiar a persoas con discapacidade de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela a Mancha, Galicia, Valencia, Cataluña, Madrid, Estremadura, Euskadi, Canarias, Illas Baleares, Asturias, Navarra e Murcia.
 

 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal