Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Miniserie animada ‘ON Fologüers’

‘ON Fologüers’, a serie animada de Fundación ONCE

  • Oito capítulos nos que “a discapacidad non é a protagonista”
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 18/07/16 (08:28)
Fundación ONCE lanzou o pasado mes de xuño a miniserie animada "ON Fologüers", que se distribúe a través de Internet e redes sociais. O seu obxectivo é promover a normalización das persoas con discapacidade e mostrar a discapacidade sen que se fale dela. 
 
"A discapacidade non é a protagonista", segundo explícao José Luis Martínez Donoso, director xeral de Fundación ONCE. "Quixemos mostrar a discapacidade sen que se fale dela, nun ton desenfadado e distendido.  Trátase de mostrar a realidade como é".
 
Os personaxes da serie, que consta de oito capítulos, son novos con e sen discapacidade que desenvolven a súa vida en distintas contornas e protagonizan tramas a través das que coñecemos as barreiras sociais e arquitectónicas ás que deben facer fronte no seu día a día.
 
"Reflectimos en cada un dos capítulos o concepto do deseño para todos. Transmitimos cun sorriso valores como a solidariedade, o compromiso, o compañeirismo, que levados ao noso día a día permítennos lograr a inclusión das persoas con discapacidade", reitera Martínez Donoso.
 
Ao longo da tempada, coñeceremos a Adolfo e ao resto da súa cuadrilla, María, Laura, Toni e Daniel, todos eles con algún tipo de discapacidade. En cada capítulo veremos como cada personaxe conseguirá os seus obxectivos, facendo unha denuncia construtiva e con humor de situacións concretas que se atopan as persoas con discapacidade.
 
María é unha universitaria con discapacidade que se move pola cidade na súa cadeira de rodas. Ela é a protagonista do primeiro capítulo no que vive o seu desamor con Carlos, un compañeiro de clase da facultade.
 
A serie emitirase nas canles de redes sociais de Fundación ONCE: 
Tamén poderá accederse a ela a través da web de Fundación ONCE (https://www.fundaciononce.es/).
 
Ademais, a produción dun dos capítulos conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e a doutros dous, coa do Ministerio de Asuntos Exteriores e cooperación, no marco do programa "Falemos de Europa", para mostrar a contribución da Fundación ONCE a un crecemento inclusivo.

 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal