Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Banner Cidades Intelixentes

Fundación ONCE destaca a importancia da accesibilidade nas chamadas cidades intelixentes

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 18/07/16 (08:07)

Fundación ONCE destacou este mércores en La Granja (Segovia) a importancia de que as chamadas cidades intelixentes teñan en conta o factor da accesibilidade para que poidan responder á denominación de "Smart Cities" e converterse así en lugares habitables para todas as súas xentes.

Así o expuxeron Isabel Martínez Lozano, comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE, e Jesús Hernández, director de Accesibilidade Universal e Innovaciónde a mesma entidade, no curso de verán "Smart City inclusiva e accesible", organizado pola Universidade Politécnica de Madrid no seu campus de La Granja (Segovia).

Na súa intervención, Martínez Lozano abordou o dereito que teñen todas as persoas a vivir e desenvolverse de forma cómoda e segura nas cidades e fixo un percorrido pola historia e a evolución das urbes en canto a accesibilidade se refíre.

A comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE reflexionou deste xeito na conferencia "Cidades Intelixentes e o Dereito de Todos á Cidade: Evolución e camiño percorrido no X aniversario da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade".

Pola súa banda, Hernández abordou o aspecto da accesibilidade tamén como factor imprescindible para que as cidades sexan lugares humanos no seu relatorio titulado "Cidades Human City A+ con A de accesibilidade".

Para o director de Accesibilidade Universal e Innovación de Fundación ONCE, as cidades intelixentes han de ser humanas e, desde esta perspectiva, "sen exclusións", é dicir, lugares nos que todos os seus habitantes vivan en condicións de igualdade.

En xeral, os relatores deste curso, que se celebra até este xoves en La Granja, abordan aspectos relacionados coa accesibilidade como factor crave nas cidades intelixentes, tales como a implantación da accesibilidade na Administración municipal, boas prácticas de accesibilidade universal nas urbes intelixentes ou a certificación da xestión da accesibilidade universal.

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal