Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Centac

A Trasformación Dixital Accesible protagonizará o 7º Congreso CENTAC

  • Un ano máis CENTAC fai unha chamada a relatores dando a oportunidade de participar a todo aquel que teña proxectos TIC accesibles
Versión para impresiónSend by email
Zaragoza, 14/07/16 (08:12)

Os días 14 e 15 de novembro, o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) celebrará o seu 7º Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade no Palacio de Congresos de Zaragoza.
Este ano estará dedicado á Transformación Dixital Accesible entendida como un cambio social. "Se a transformación dixital supón a introdución de tecnoloxía en todos os procesos e servizos do sector público e privado, nós entendemos que é un proceso que afecta a toda a sociedade e por tanto debe ser accesible", declara Juan Carlos Ramiro, director de Accesibilidade de CENTAC.
O 7º Congreso Nacional de CENTAC ofrece unha oportunidade única de descubrir aos actores implicados no desenvolvemento das tecnoloxías accesibles no noso país, coñecer que produtos hai no mercado, e as tendencias máis innovadoras en IoT (Internet of things), Fintech, Smart City, tecnoloxías en mobilidade, fabricación personalizada, robótica, comercio electrónico, Big Data, etc.

Chamada á participación

Un ano máis, CENTAC dá a posibilidade a que todo aquel que desenvolva TIC´s accesibles teña a oportunidade de expoñer o seu traballo. Nesta edición ábrense dúas contornas para iso: speaker´s corner e unha zona expositiva.
Ata o 10 de outubro, poderanse presentar as solicitudes para participar no Speakers´ Corner. Búscanse solucións baseadas en TIC que contribúan á transformación dixital da sociedade, e que destaquen pola súa accesibilidade e usabilidade, con incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas.
Por outra banda, recibiranse propostas para participar na área expositiva ata o 30 de setembro. Buscan produtos en fase de prototipo funcional ou superior, que inclúan un compoñente hardware importante, cun grao de innovación alto: robótica, drons, impresión 3D, wearables, realidade virtual...
A participación é gratuíta, e os interesados deberán encher o formulario que corresponda que se atopa na web do CENTAC, describindo o proxecto, e demais campos solicitados.

Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade 

Esta é a sétima edición dun congreso que CENTAC veñen organizando desde 2010 por toda España e que se situou como o máis importante destas características no noso país.
O seu obxectivo é impulsar e dar visibilidade ás tecnoloxías accesibles nos ámbitos empresarial, industrial e de servizos. Reunindo nunha cidade as tecnoloxías presentes ou emerxentes que inclúen ou deben incluír criterios de accesibilidade e usabilidade para xerar unha contorna de innovación e aprendizaxe.

Ligazóns: 

 

Tema: Xeral
Fonte: CENTAC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal