A Asociación de Nais e Pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar, Amipa, recoñece un ano máis o traballo das persoas e axentes en favor da inclusión social deste colectivo. Así, o sábado, e nun acto solemne, que se celebrou ás 12.00 h na sede de Sorribas (Rois), fíxose entrega do Amipeira de Honra á axente TIC da aula CeMIT do Concello de Padrón, Beatriz Calvo.
Beatriz foi unha das impulsoras do Hackatón Solidario "Intro para todos" celebrado en novembro do ano pasado, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Concello de Padrón enmarcada no proxecto CeMIT-Innova que conseguiu o seu obxectivo: deseñar unha solución que mellore a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.
Con este acto Amipa premiou o abrir novos camiños de cara a inclusión social ao facer máis accesibles as novas tecnoloxías para estas persoas. Desta forma a innovación social dixital puido dar resposta a un desafío social local, servíndose das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de modelos de colaboración en rede.
Rexístrate como: