Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Acordo Microsoft - Fundación Real Madrid

Microsoft e a Fundación Real Madrid renovan e amplían o seu acordo de colaboración no ámbito da educación

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/05/16 (08:54)

A Fundación Real Madrid e Microsoft renovaron e ampliaron o acordo de colaboración establecido en maio de 2013 co obxectivo de fomentar o achegamento de nenos e mozos á tecnoloxía e o acceso a formación sobre computación e programación como parte da iniciativa global YouthSpark de Microsoft.

Durante o últimos tres anos, a Fundación Real Madrid e Microsoft traballaron en diferentes liñas de actividade que permitiron mellorar a atención que a Fundación presta a 40.000 menores en máis de 300 escolas deportivas de 72 países, segundo lembran ámbalas entidades.

Froito do acordo, 6.550 nenos en situación de vulnerabilidade beneficiáronse das actividades de formación e alfabetización dixital deseñadas por ambas as entidades en colaboración con entidades sociais co obxectivo de proporcionar novas oportunidades a estes mozos en Arxentina, Brasil, Colombia, Ecuador, O Salvador, Guatemala, México e Perú.

Ademais, grazas ao software e os servizos tecnolóxicos facilitados por Microsoft, a Fundación creou unha plataforma de comunicación, colaboración e rede social interna para unir aos seus colaboradores en todo o mundo, compartir información, conectar ás diferentes entidades que colaboran coa Fundación nos diferentes países, proporcionar formación específica a adestradores e educadores e mellorar a execución de proxectos transnacionais.

A renovación do acordo de colaboración entre a Fundación Real Madrid e Microsoft prevé a ampliación no próximos tres anos do alcance das actividades de formación en habilidades dixitais e informática a mozas en situación de vulnerabilidade en todo o mundo, con foco especial en España e outro cinco países de Latinoamérica que se definirán próximamente, para axudarlles a completar a súa formación e a incrementar as súas oportunidades.

Microsoft proporcionará software, servizos cloud, contidos formativos sobre habilidades dixitais e informática e financiamento para executar as actividades deseñadas pola Fundación.

A renovación do acordo foi rubricada este luns, 23 de maio, polo presidente da Fundación Real Madrid, Florentino Pérez, e o presidente de Mercados Emerxentes de Microsoft Corporation, Orlando Ayala, en presenza da presidenta de Microsoft España, Pilar López; o vicepresidente executivo da Fundación Real Madrid, Enrique Sánchez, e o director de Relacións Institucionais do Real Madrid, Emilio Butragueño.

Tema: Xeral
Fonte: Cibersur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal