A Confederación Estatal de Maiores Activos (Confemac) e a Fundación Vodafone impulsaron en varias localidades lucenses obradoiros nos que ensinan aos maiores a manexar un smartphone. Cada un destes seminarios ten catro horas de duración e desenvólvese en dúas sesións, de dúas horas cada unha, para grupos dun máximo de 17 persoas. Os monitores explican desde o funcionamento dos botóns deses teléfonos, a utilidade das iconas da pantalla e como chamar ou recibir chamadas até como navegar por internet.
Este obradoiro, que xa se desenvolveu ao longo deste mes en Becerreá, Mondoñedo, Quiroga, Ribadeo, e Monforte, impartirase esta semana -os días 26 e 27- no CeMIT de Sarria e o día 31 deste mes e o 1 de xuño no centro social de Foz. O seu obxectivo é evitar a fenda dixital e fomentar o envellecemento activo, segundo os seus promotores.
Rexístrate como: