Uber, a polémica rede de transporte que conecta pasaxeiros con condutores a través dunha aplicación móbil, incorporou unha serie de melloras de accesibilidade para crear oportunidades de emprego para persoas xordas. O novo servizo está en fase de probas en varias cidades en Estados Unidos.
Cando un pasaxeiro utilice a app para solicitar un coche, abrirase unha xanela notificando que o chofer é xordo ou ten algún problema para escoitalo correctamente. Ademais, a opción de chamadas desactivarase e recibirá instrucións para contactar mediante texto.
Unha vez o chofer reciba a solicitude, activarase o flash da cámara do seu móbil e recibirá unha mensaxe de texto coa información do pasaxeiro.
A web de Uber ofrece máis información sobre accesibilidade no seu servizo.
Rexístrate como: