Os días 10 e 11 de maio en Madrid, na sede de Vodafone, tivo lugar o II Encontro de Xestores que constitúe a continuación do traballo da Comunidade "Conectados pola Accesibilidade" promovida pola Fundación Vodafone España.
Máis de 30 representantes de Plena Inclusión España, Down España, Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, Confederación ASPACE, FEDACE e Fundación Gil Gayarre, mostraron estes días os novos casos de referencia, así como os avances nos temas de gamificación e multi-idioma desenvolvidos en Mefacilyta e aMiAlcance.
Estes casos de referencia permiten axudar ás persoas con discapacidade nos distintos ámbitos de vida (fogar, laboral, lecer, rehabilitación, comunitaria,") pondo á súa disposición un completo "ecosistema" que ofrece información personalizada a través de accesos rápidos e adaptados ás necesidades dos usuarios.
Tamén se presentou o Plan de difusión da Comunidade e as novas funcionalidades da plataforma.
A actividade da Comunidade pódese seguir en Twitter a través do hashtag #conecta2Xaccesibilidad.
Rexístrate como: