Santiago de Compostela, Lugo, Arteixo, Marín e Redondela son os lugares que o vindeiro mes de xuño acollerán o programa Lanzaderas de Empleo para axudar a máis dun cento de mozos galegos a adestrar unha innovadora procura de emprego en equipo, reforzar as súas habilidades, aumentar a súa empregabilidade e contar con máis oportunidades de inserción laboral, tal e como anunciaron hoxe en rolda de prensa o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco José Conde López; a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, o director de Coordinación Territorial de Fundación Telefónica, Joan Cruz, e a responsable de Comunicación do programa Lanzadeiras de Emprego en Fundación Santa María la Real, Soraya de las Sías. O acto tamén contou coa presenza de Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia.
Cada lanzadeira estará integrada por 25 mozos desempregados, con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos. Non se busca un perfil formativo concreto, senón que poderán participar mozos con estudos básicos; que procedan da Formación Profesional ou que teñan diplomaturas ou licenciaturas universitarias. Do mesmo xeito, non se solicita experiencia nun sector laboral determinado; senón que a participación está aberta a persoas con traxectorias variadas, de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia. O mozos que estean interesados en participar nas Lanzadeiras de Santiago de Compostela, Lugo, Marín, Redondela e Arteixo dispoñen ata o 10 de xuño para formalizar a súa inscrición en liña ou de xeito presencial, nas dependencias que han habilitados pola Consellería e os concellos (podemos atopar os enderezos concretos na páxina web das lanzadeiras). A Fundación Telefónica e a Fundación Santa María a Real, coa colaboración do Fondo Social Europeo, están a por en marcha outras 140 lanzadeiras no territorio español.
A partir do 10 de xuño, os técnicos da Fundación Santa María la Real procederán a seleccionar aos 25 integrantes de cada lanzadeira, que comezarán a funcionar a final de mes. Os participantes reuniranse varios días á semana durante cinco meses. Coa axuda do técnico, levarán a cabo diferentes actividades para mellorar a súa empregabilidade: sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.
Rexístrate como: