Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cine accesible

Fiapas lamenta a falta de accesibilidade da Lei do cine

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/05/16 (12:20)

Ao longo de tres días poderase gozar das últimas estreas na carteleira a un prezo reducido. Con todo, esta xornada festiva non será tal para miles de persoas con discapacidade auditiva. En España custa atopar salas de cinema con bucle magnético e/ou películas subtituladas para persoas xordas e a actual Lei do Cinema non contribúe a que esa accesibilidade sexa obrigatoria, privando deste dereito a este público.

A actual regulación da Lei do Cinema e a súa normativa de desenvolvemento é contraria ao Artigo 30 da Convención sobre os Dereitos das persoas con discapacidade, que establece que os Estados Partes adoptarán todas as medidas pertinentes para asegurar que as persoas con discapacidade teñan acceso ao material cultural en formatos accesibles, así como a lugares onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cinemas...

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) lembra que o óptimo é que, desde a súa orixe, produtos e servizos sexan accesibles, en cumprimento da lexislación básica, vixente no noso país, en materia de dereitos das persoas con discapacidade, así como dos principios básicos de accesibilidade universal e deseño para todos.

Con todo, a nova normativa sobre a Lei do Cinema desaproveitou a oportunidade de considerar a accesibilidade como un requisito indispensable á hora de conceder subvencións tanto á produción, como á distribución e á exhibición de obras cinematográficas e audiovisuais.

FIAPAS lamenta que a única imposición para os titulares das salas de exhibición sexa a de informar os servizos de accesibilidade dispoñibles, no caso de que os teñan, aínda que non teñen a obrigación de dispor deles. Ademais, esquécese que as obras que exhiban tamén deben ser accesibles para as persoas con discapacidade sensorial. Neste sentido, segundo a actual normativa, vaise a financiar con diñeiro público obras cinematográficas inaccesibles e, nin sequera, as administracións públicas obrigáronse a si mesmas a exhibir obras accesibles.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal