Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Competencias dixitais

Competencias dixitais necesarias para un futuro que xa chegou

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/05/16 (10:12)

O mundo cambiou moito en pouco tempo e case sen darnos conta, temos a toda unha nova xeración nada neste século XXI que forma parte activa da sociedade. Aínda que fixeron falta máis de 30 anos para que os computadores chegasen a todas as universidades, empresas ou fogares, ofrecendo tempo suficiente á sociedade a adaptarse aos cambios que aos poucos a tecnoloxía nos foi traendo, en pouco menos de cinco anos os dispositivos móbiles conseguiron chegar á mesma cantidade de lugares.

Smartphones, tabletas, reloxos intelixentes, pulseiras de fitness... estes dispositivos chegan en varios formatos e tamaños ofrecendo a gran vantaxe de poder levalos encima, converténdonos en seres permanentemente conectados a Internet e polo tanto, ao resto da sociedade. Adaptamos primeiro os dispositivos aos nosos desexos tecnolóxicos, creando mesmo novas necesidades que quizá non eran tan requiridas, pero aínda non adecuamos as habilidades demandadas para esta nova realidade dixital na que vivimos.

Seguir lendo na fonte orixinal

Tema: Xeral
Fonte: familiadigital.net
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal