Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Diego Soriano

O CENTAC presenta ferramentas para facer documentos accesibles no ámbito universitario

  • Diego Soriano, xerente de Proxectos do centro, da pautas sobre como elaborar material didáctico accesible para o alumnado con diversidade funcional auditiva e visual na Universidade de León
  • O avance das TIC permitiu xerar información en distintos formatos que permiten o acceso a documentos por todas as personas
  • A docencia é un sector onde a demanda de produtos con características de accesibilidade medrou de forma exponencial nos últimos anos
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/05/16 (09:43)

Diego Soriano, xerente de proxectos do Centro Nacional de Tecnoloxías para a Accesibilidade (CENTAC), participou nun curso intensivo sobre como elaborar material didáctico accesible para o alumnado con discapacidade, no marco dunhas xornadas de formación ao profesorado, organizadas pola Universidade de León.

Durante o curso, cuxo obxectivo era sensibilizar ao profesorado ante a atención ao alumnado con discapacidade visual e auditiva na universidade, Soriano deu pautas de actuación para elaborar material didáctico accesible: documentos de Office e Adobe PDF, vídeos e recursos audiovisuais.

Para Soriano as tecnoloxías da información axudaron a que "a abundancia de información abandonase o escenario profesional e estendeuse a todos os ámbitos da nosa vida". Un exemplo é o sector educativo onde "a revolución tecnolóxica está a ter un impacto moi sinalado e a demanda é cada vez máis crecente", engadiu.

Con todo, Soriano apuntou que para que esta expansión vaia máis aló, débense ter en conta conceptos como a usabilidade e a accesibilidade, "a utilización das tecnoloxías debe facerse de forma sinxela, respondendo á necesidade de lograr o seu emprego de maneira fácil e natural con independencia das capacidades particulares de cada persoa2.

"Non só se trata do material docente que proporcionan as editoriais e profesores, senón do contido relacionado con todas as facetas administrativas e de soporte empregadas neste campo", recalcou o xerente de Proxectos.

Por outra banda, Soriano propuxo que os estudantes produzan contidos accesibles nos traballos que realicen durante o seu período de formación. "É importante que a formación sexa transversal e complementaria, e pase por que os estudantes produzan material con características de accesibilidade no seu proceso de aprendizaxe".

No curso, o xerente de Proxectos de CENTAC fixo unha aproximación a cuestións como a lexislación sobre accesibilidade TIC, accesibilidade web, accesibilidade de apps e de documentos ou a elaboración de arquivos multimedia. Entre as actividades prácticas máis destacadas ensinouse a xerar PDFs accesibles e a incluír subtítulos en vídeos en plataformas como YouTube.

 

Guía para elaborar documentación dixital accesible

Dentro da súa colección "Accesibilidade, Tecnoloxía e sociedade", CENTAC ten publicado unha guía para elaborar documentación accesible, que recolle recomendacións para Word, Power Point e Excel, de Microsoft Office 2010.

O obxectivo desta publicación é mellorar o coñecemento do que poden facer estas ferramentas co fin de permitir que os documentos que producimos poidan ser empregados por persoas con diferentes capacidades.


Ligazóns:
Guía gratuíta para elaborar documentación dixital accesible

Tema: Xeral
Fonte: Centac
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal