Xa sexa o Call of Duty ou o Candy Crush, os videoxogos son grandes negocios e a popularidade dos eventos de 'gaming' non mostran signos de debilitarse.
Captura de movemento con Kinect
'AssessMS' usa as cámaras de captura de movemento de Kinect, de Microsoft Xbox, para facer un seguimento do progreso dos síntomas físicos da Esclerose Múltiple.
A tecnoloxía foi desenvolvida inicialmente para permitir aos xogadores controlar un xogo co seu corpo, pero agora pode servir para medir como unha persoa con EM executa unha serie de movementos.
A cámara Kinect recolle a información do movemento para realizar unha medición precisa do grao de discapacidade ao longo do tempo.
Esta tecnoloxía podería facilitar aos médicos a medición do progreso dos síntomas físicos de forma máis constante, o cal é importante para tomar decisións sobre o coidado e tratamento.
Un pouco de axuda de Wii
Un estudo recente con 56 persoas con EM revelou que un xogo baseado no exercicio utilizando o sistema WiiFit de Nintendo resultaba unha alternativa prometedora ao exercicio tradicional. O estudo comparou os resultados dun xogo WiiFit de equilibrio coa fisioterapia, e, curiosamente, ambos os grupos mostraron a mesma melloría.
Agora mesmo a Asociación de EM de Reino Unido (MS Society) está a financiar un proxecto para desenvolver un pack de intervención (Mii-vitaliSe) para prestar apoio ás persoas con EM para que utilicen a Wii no domicilio. O obxectivo é monitorizar o impacto nos niveis de actividade, vitalidade e benestar xeral. Espérase poder ofrecer os resultados iniciais ao longo deste ano.
Non te esquezas do cerebro
Exercitarse non ten por que significar sempre suar. Para aqueles que se vexan afectados por síntomas cognitivos de Esclerose Múltiple, é igual de importante exercitar o cerebro, e os videoxogos probaron tamén ser útiles neste aspecto.
Un estudo recente realizado con 24 persoas con EM achou que xogar regularmente a 'Dr Kawashima's Brain Training' ao longo de oito semanas mellorou a conectividade funcional das neuronas cerebrais. Isto asociouse coa mellora da función cognitiva, así como un aumento da capacidade de atención.
É necesario seguir investigando para ver se este incremento na conectividade funcional pode axudar a mellorar outros síntomas da EM, e se outros xogos ou actividades poderían levar aos mesmos resultados.
VR para o equilibrio
Usar realidade virtual (VR) para mergullar a alguén nunha situación da vida real, tal como camiñar sobre unha superficie irregular ou un lugar concorrido, mostrou resultados prometedores na mellora do equilibrio en persoas con Parkinson, ou tras un derrame cerebral.
Esta tecnoloxía está a ser investigada para ver se pode axudar a mellorar o equilibrio en persoas con EM. 32 persoas participaron nun estudo ao longo de 6 semanas, a metade exercitando o seu equilibrio a través da realidade virtual e a outra metade realizando exercicios de mellora do equilibrio convencionais.
Ambos os grupos melloraron o seu equilibrio, pero os participantes no grupo da realidade virtual mostraron ter menos medo a caerse.
A investigación continúa
Aínda que estes adiantos resultan excitantes e cheos de potencial, a investigación continúa, e é necesario avanzar máis, para ver o impacto total de cada programa nas persoas afectadas por Esclerose Múltiple.
As Novas Tecnoloxías, ao teu alcance
Nos centros de rehabilitación das entidades membros de Esclerose Múltiple España utilizan e promoven desde hai anos o uso das Novas Tecnoloxías para a atención e rehabilitación das persoas con Esclerose Múltiple. Moitos destes recursos creáronse de maneira pioneira.
Así, púxose en marcha o primeiro espazo de rehabilitación virtual en Europa (EMLabs), Apps que axudan na autoxestión da EM (como 'Control EM' ou 'Coa EM'), xogos de móbil (como EM Fighter e EM Fighter 2), mesas virtuais de rehabilitación, salas de estimulación multisensoriais, programas pioneiros de rehabilitación para a abordaxe de síntomas físicos (como One Hand -ferramenta centrada en exercitar mans e dedos mediante videoxogos terapéuticos-) ou cognitivos (ej: NeuronUp -plataforma web de apoio para os profesionais implicados nos procesos de rehabilitación e estimulación cognitivas-), terapias a distancia co apoio de profesionais, e un longo etcétera.
Infórmate na organización máis próxima ao teu domicilio.
Máis información na Web Oficial de Esclerose Múltiple España.
Rexístrate como: