Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Sara Rodríguez, responsable de produto CareLife

'En Televés temos clara a nosa aposta por o sector sociosanitario'

  • Rodríguez destaca que 'o papel que pueden xogar as novas tecnoloxías é crucial e esa é a razón de que Televés apostara por desenvolver unha solución como CareLife'
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/04/16 (08:31)

Pregunta.- CareLife é un sistema intelixente destinado ao coidado e mellora da calidade dos seus usuarios, como funciona? Que é a teleasistencia ubicua?

Resposta.- Ten por obxectivo o coidado e a mellora da calidade de vida dos maiores e das persoas dependentes desde a perspectiva do fomento do envellecemento activo e saudable, e cun deseño acorde coas novas tendencias Ambient Assisted Living (AAL). Cando falamos de teleasistencia ubicua, falamos dun concepto pioneiro que se basea na comunicación intelixente entre o terminal de teleasistencia domiciliaria e o terminal de teleasistencia móbil do usuario. Para iso emprégase o estándar aberto paSOS, desenvolvido pola Fundación de Tecnoloxías Sociais, entidade promovida por a Fundación Vodafone e Cruz Vermella. Mediante sensores inalámbricos, CareLife é capaz de analizar de forma autónoma a rutina dunha persoa, chegando a establecer perfís e hábitos de vida que se converten en claves para o seu seguimento e monitorización, preservando a intimidade e fomentando a confianza. Os dispositivos e sistemas de información constitúen unha canle de acceso aos servizos sociosanitarios empregados polos usuarios e polas persoas da súa contorna. Ademais, CareLife premite que os axentes involucrados na atención poidan acceder a información en tempo real desde calquera lugar. En concreto, o software incluído na proposta permite realizar un seguimento da actividade do usuario e das condicións de confort e seguridade no fogar, aprendendo da información recollida por medio dos sensores para adaptarse a cada caso e enviando alertas a familiares ou profesionais en caso de detectar comportamentos anómalos ou situacións de risco, ou se as persoas atendidas solicitan axuda.

P.- Que se tivo en conta no seu deseño?

R.- Un dos grandes retos aos que se enfronta a nosa sociedade é a necesidade de asistir a un crecente número de persoas que ven reducida a súa autonomía, ben por problemas relacionados coa idade ou por algún tipo de enfermidade ou discapacidade. Neste terreo, o papel que poden xogar as novas tecnoloxías é crucial e esa é a razón de que Televés apostase por desenvolver unha solución cono CareLife. Como compañía, contamos cunha experiencia de máis de 50 anos no desenvolvemento e fabricación de equipos para as infraestruturas de telecomunicacións dos fogares. Agora estamos a desenvolver solucións que, sobre esas infraestruturas, responden a demandas sociais que van máis aló do lecer -a televisión é o ámbito orixinal de actuación de Televés- e adéntranse no terreo da saúde, o benestar e a calidade de vida. Por iso dicimos que CareLife é froito da longa traxectoria tecnolóxica da Corporación Televés. No concepto CareLife englóbanse produtos e servizos innovadores cuxa implantación busca constituír un primeiro paso na transformación do modelo asistencial cara a unha novo paradigma que busca mellorar a eficiencia dos procesos actuais e a calidade dos servizos prestados aos usuarios.

P.- Na web fan referencia a seguridade, prevención, tranquilidade... Como garanten estes aspectos tan indispensables para o usuario e as súas familias?

R.- Un primeiro elemento de garantía é obviamente o cumprimento das normativas. No noso caso, CareLife cumpre as normas en vigor UNE158401 e UNE 50134. Á parte diso, a característica distintiva da nosa solución é que utiliza a tecnoloxía para conxugar dous elementos: por unha banda a capacidade para funcionar como un sistema "intelixente", capaz de "aprender" do comportamento do usuario e das condicións da súa contorna e, por outro, a garantía de confidencialidade, para preservar en todo momento a intimidade dos usuarios e os seus coidadores. O feito de que o sistema sexa proactivo, é dicir, que sexa capaz de xerar alarmas por si mesmo en caso de detectar comportamentos que se saen das pautas consideradas normais, achega un plus de tranquilidade para o usuario e as súas familias.

P.- Que características diferencian este dispositivo de teleasistencia doutros?

R.- En Europa hai 2,6 millóns de persoas usuarias da teleasistencia clásica, é dicir, baseada en sinais e tons analóxicos para transferir datos. Esta tecnoloxía só permite unha forma de conexión entre o terminal de teleasistencia instalado no domicilio do usuario e a plataforma de atención, utilizando a liña dun único operador de telefonía. Con todo, a realidade das telecomunicacións do século XXI é outra: proliferan non só os operadores de telefonía, senón tamén as opcións e formas de conectar os terminais ás plataformas dos centros de atención. Coa tecnoloxía IP, esa conexión é máis segura e rápida, pero tamén abre a posibilidade de incorporar outros dispositivos que permiten novos servizos non ofrecidos até a data polas limitacións que supón a tecnoloxía analóxica. O noso modelo de teleasistencia permite introducir dous conceptos: a bidireccionalidade e a comunicación en tempo real. Respecto ao primeiro, CareLife converte a unidade domiciliaria intelixente nun centro de comunicacións no fogar, permitindo o acceso á información de forma securizada desde calquera punto e a comunicación cos dispositivos, permitindo actuar sobre eles en caso necesario. Respecto ao segundo, o noso sistema procesa de forma continua os datos recibidos dos sensores e a información dispoñible é constantemente actualizada e é accesible desde calquera plataforma.

P.- Como está a transcorrer a presentación deste recurso?

R.- CareLife presentouse publicamente por primeira vez en xuño de 2014. Desde entón traballamos moi duro para que o sector coñeza a nosa solución, da man de dous socios tan importantes como Vodafone e Cruz Vermella. Neste sentido, a nosa recente participación no Mobile World Congress de Barcelona foi un importante paso adiante. En maio realizaremos a primeira presentación internacional de CareLife, no marco da feira MedPi 2016, que terá lugar no Grimaldi Forum, en Mónaco.

P.- Está prevista a posta en marcha doutros dispositivos neste mesmo sector?

R.- Máis aló do percorrido que poida ter CareLife, que estamos convencidos de que será moi importante, en Televés temos clara nosa aposta polo sector sociosanitario, como unha das vías prioritarias na diversificación do noso negocio. Sen deixar de ser líderes na nosa actividade central, ligada ás infraestruturas de telecomunicacións e a televisión, estamos a apostar por desenvolvementos no ámbito do Fogar Dixital que nos permiten acceder a nichos de mercado con gran potencialidade de crecemento. Neste sentido, a nosa estratexia alíñase coa Axenda Dixital Europea e o programa comunitario de investigación e desenvolvemento Horizonte 2020. Ademais, o noso modelo de "habitación intelixente", que se basea en tecnoloxía da Internet das Cousas, obtivo o premio da Fundación "Ad Qualitatem" ao Mellor Proxecto de aplicación das TIC en sanidade. Trátase do proxecto Sisens, que desenvolvemos con Indra e que se implantou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Creo que este tipo de proxectos marca, en certa medida, a pauta do que será o futuro de Televés.

Tema: Xeral
Fonte: entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal