Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Premios e-volución 2016

App Cidades Patrimonio Accesibles premio e-volución 2016

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/04/16 (08:54)

A APP "Cidades Patrimonio Accesibles" é unha aplicación accesible e gratuíta desenvolvida por Javacoya Media (proxecto de ASPAYM Castela e León) para o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Realizada coa colaboración da Plataforma Representativa Estatal de Persoas con discapacidade física, PREDIF foi a gañadora na categoría de "Mellor solución para dispositivos móbiles" dos Premios e-volución 2016 organizado polo Norte de Castela.

Para esta edición estes premios ampliaron fronteiras máis lonxe de Castela e León e a súa convocatoria estendeuse a todo o país. A súa intención, é promover o uso das diferentes tecnoloxías que brinda a sociedade dixital para mellorar ou pór en marcha negocios e promocionar os servizos ou produtos da empresa ou mesmo transmitir obxectivos sociais e persoais. Trátase dunha edición onde se contaba con grandes propostas, polo que o xurado non tivo nada fácil a elección.

O obxectivo desta aplicación é ofrecer aos visitantes con discapacidade e outras necesidades diversas, información sobre as condicións de accesibilidade da oferta turística das Cidades Patrimonio. Os seus contidos facilitan a planificación da visita e a propia experiencia na cidade, porque permiten aos usuarios seleccionar os recursos turísticos do seu interese e os establecementos cuxas características de accesibilidade se adecuan mellor ás súas necesidades particulares.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal