Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
electrodos

O CRE de San Andrés e a UVa crean unha ferramenta para navegar por Internet coa mente

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/04/16 (08:47)

O Centro de Referencia Estatal para a Atención de Persoas con Grave Discapacidade e para a Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia de San Andrés del Rabanedo acollerá o vindeiro xoves, 21 de abril, unha xornada destinada a presentar o proxecto de investigación "Implementación e avaliación dunha ferramenta de navegación web baseada en Brain Computer Interface (BCI) para persoas con grave discapacidade motora".

En colaboración con investigadores do Grupo de Enxeñaría Biomédica da Universidade de Valladolid (Uva), o CRE conseguiu desenvolver unha aplicación que facilita aos grandes dependentes o uso de Internet, incrementando a súa autonomía e privacidade.

A través duns eléctrodos que se colocan sobre o coiro cabeludo, o sistema BCI traduce as intencións da persoa en comandos de control dun dispositivo. Grazas a este sistema, os usuarios son capaces de abrir xanelas de navegación, acceder á páxina de inicio, acceder a todas as ligazóns dunha páxina web ou cumprimentar formularios.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal