Xa está dispoñible un novo estudo da Fundación Vodafone España, en colaboración con Cocemfe Barcelona e realizado polo Observatorio da Discapacidade Física; ofrece información sobre como valoran e utilizan as TIC as persoas con discapacidade.
Presentouse en Madrid, dentro da inauguración do "Foro interautonómico de boas prácticas en discapacidade" promovido por FAMMA Cocemfe Madrid, coa participación de representantes das tres entidades, do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e da Consellería de Políticas Sociais e Familia da Comunidade de Madrid.
Entre outras conclusións, o Informe pon de manifesto que dúas de cada tres persoas con discapacidade consideran que "o uso das novas tecnoloxías poden axudar a mellorar o seu benestar"; ou que unha de cada catro persoas con discapacidade considera que Internet lle proporciona autonomía e independencia.
O estudo completo, elaborado cunha mostra de máis de mil persoas con discapacidade, está dispoñible en www.observatoridiscapacitat.org.
Principais conclusións en formato accesible.
Rexístrate como: